SISTEMA DE COMPETICIÓN:
LIGA: 2009/10 CATEGORÍAS: 1ª, 2ª A, 2ª B E 3ª
1ª División e 2ª A:
1ª Fase: Os xogadores/as agruparanse en 3 grupos de 6, xogando tipo Liga: todos contra todos/as.
Ó remate desta 1ª Fase o 1º,2º e 3º de cada grupo pasarán a loitar na 2ª Fase, tamén tipo Liga, polo campionato.
Os clasificados nos postos 4º,5º e 6º: pasarán a loitar na 2ª Fase polo descenso ou a Permanencia (Descenderán automáticamente os clasificados nos postos 7ª,8º e 9º).
2ª División B:
21 Xogadores/as. Na 1ªFase: 3 grupos de 7 xogadores (tipo Liga).
Grupos de ascenso
Ó remate desta 1ª Fase, o 1º, 2º e 3º de cada grupo pasarán a loitar na 2ª Fase, tamén tipo Liga, polo campionato.
Os clasificados nos postos 1º, 2º e 3º ascenderán a 2ªA. Os clasificados nos postos 4º, 5º e 6º competirán polo ascenso a 2ªA.
Grupo do Descenso:
Na 2ª Fase, os clasificados nos postos 4º, 5º, 6º, e 7º dos seus grupos, loitarán polo “Trofeo” que acredite como Campeón da Consolación.
Os clasificados nos postos 10º, 11º e 12º descenderán a 3ª División e os clasificados nos postos 7º, 8º e 9º promocionarán para non descender a 3ª.
3ª División:
24 Xogadores/as. Na 1ª Fase: 3 grupos, de 8 xogadores/as.
2ª Fase:
Grupo do Ascenso:
Conformarano os 3 primeiros clasificados de cada grupo. Rematada esta 2ª Fase, os clasificados nos postos 1º, 2º e 3º ascenderán a 2ªB.
Os clasificados nos postos 4º, 5º e 6º promocionarán polo ascenso a 2ªB.
Grupo de Consolación:
Faranse 2 grupos de 8 xogadores/as, segundo a clasificación da 1ªFase. En cada grupo loitarase polo trofeo que o acredite como gañador/a da consolación.
Haberá un trofeo para cada un dos dous grupos.
Preme aquí para consultar ou descargar o calendario e as normas xerais en .pdf